miércoles, 25 de noviembre de 2015

Galicia no imperio romano

Galicia no imperio romano



A conquista da Gallaecia romana aconteceu despois de varias guerras, que se dividen en dúas fases:
A primeira fase da conquista é a denominada Lusitania. A primeira campaña militar empezou no 137 a.C. levada a cabo por Décimo Xuño Bruto quen chegou a beiras do Miño despois de atravesar o río Limia.
A segunda fase foi a Astur-Cántabra iniciada no ano 29 a.C. por Augusto e que rematou dez anos despois no ano 19 a.C. A partir de este momento Galicia intégrase en Lusitania e posteriormente na Hispania Citerior

Se ben é certo que a lenda di que o pobo castreño resistiu á invasión romana no monte Medulio, non foi tan épico como o pintan, xa que carecía dun lider que os guiara á vitoria, isto sabémolo polo que escribiu Paulo Orosio no século V. Por isto hoxe en día a versión máis aceptada é a de que os romanos entraron sen moita oposición
Aínda que a incorporación no imperio romano foi tardía e non chegouse a rematar, Galicia sufriu grandes tranformacións, algunhas das cales teñen influencia ata hoxe en día.

A máis notable é a do nomede "Gallaecia", que ata ese momento non existía e foi a partir do século III co emperador Diocleciano que aparacen os primeiros "gallaecus", polo que podemos dicir que é neste momento cando nace a patria galega.

A chegada dos romanos a Galicia trouxo tambén cousas boas, como a estabilización da agricultura, tambén intesificouse a explotación das minas, o cal era o verdadeiro obxectivo dos romanos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario