GUERRAS IRMANDIÑAS
Foron unhas guerras que azotaron á poboación galega do século XV, nas que participaron nobres, clérigos de diferente rango e parte do campesiñado.
O nome de Irmandiñas ven do carácter colectivo e
solidario que tiveron estas guerras e divididas en dúas guerras, a primeira a Irmandade
fusquenlla e a segunda a grande guerra irmandiña.
A Irmandade fusquenlla formouse no ano 1431 nas terras do señor Andrade, debido á extremada
dureza con que Nuño Freire de Andrade trataba os seus vasalos, e foi dirixida por un fidalgo de Coruña, chamado Roi
Xordo, que morreu na represión posterior á derrota irmandiña. Esta derrota chegou polas disensións
internas dos sublevados e as tropas dos Andrade, o rei de Castilla e e arcebispo compostelano
rematarona.
![]() |
Castelo de Andrade |
A grande guerra irmandiña foi do 1467 ao 1469. Se pode dicir que Alonso de Lanzós co apoio de varios concellos, entre eles o de Ferrol foron os iniciadores deste movemento. As
malas colleitas e as pestes de aqueles anos fixeron estalar a revolta popular que, a diferencia da Irmandade fusquenlla, adquire un carácter de auténtica guerra civil, os irmandiños serian ao redor de
80,000.
Participan campesiños, xente da cidade a través dos concellos, a baixa
nobreza e fidalguía emerxente para combater principalmente, aos nobres laicos, propietarios de castelos e
fortalezas. Preto
de 130 castelos ou torres fortes foron desmanteladas nos dous anos que duraron as accións.
Os xefes principais irmandiños, esta vez foron tres, Pedro de Osorio, de Compostela, Alonso de Lanzós, no norte, e Diego de
Lemos no sur de Lugo e no norte de Orense.
En 1469 Pedro Madruga inicia o contraataque feudal, que acaba derrotando aos exércitos
irmandiños e facendo prisioneiros ou matando aos seus dirixentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario