HIMNO GALEGO
O himno galego foi escrito en 1890 por Eduardo Pondal.
Este himno foi escrito por Pondal para o seu amigo, o compositor Pascual Veiga, xa que este solicitoulle un texto para unha partitura que presentaría nun certamen no que se elexiría o mellor himno galego, presentouse coma "Os Pinos" o 22 de maio de 1890.
A finalidade de esta letra é que Galicia desperte do seu sono, e atope a liberdade, escoitando a voz dos pinos, que simbolizan o pobo galego.
Algo característico de este himno, e en xeral da obra de Pondal, é que que non fai referencia a Galicia, utiliza metáforas referentes ó fogar.
Outro rasgo de Pondal presente na letra son o celtismo e o helenismo, pero o que verdadeiramente chegou a tocar a sensibilidade dos galegos e o que posibilitou a súa popularidade foron as aspiracións de liberde que expresaba o autor, semellantes ás do pobo galego debido á opresión á que foi sometido ao longo da historia.
Na época da publicación da letra non existían as actuais normas ortográficas do galego, en 1984 foi adaptado a estas regras, de ahí que non sexa exactamente igual a letra orixinal que a que se canta hoxe en día.
O himno como tal, presentouse na Habana en 1907 e coma a bandeira e outros símbolos galegos, son fruto da emigración de este pobo. Foi entonado por rexionalistas e agraristas no seus actos, hasta 1923, cando foi prohibido pola dictadura de Primo De Rivera, o que aumentou o interese das sociedades galegas en América pola súa interpretación pública.
Durante o franquismo non utilizábase tampouco, como moito, o cantaban en actos culturais, a primeira parte, disimulando o seu aspecto ideolóxico e máis ben como algo do folclore galego.
En 1975 na festa do Apostol Santiago, a xente erguíuse para cantarla, e ao ano seguite, con Franco xa morto, instauróuse esta costumbre de maneira definitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario